Skip to main content
Alfoz

Alfoz prepara un curso de informática

Por 25 Abril, 2023Abril 26th, 2023Sin comentarios

O Concello de Alfoz prepara un curso de informática que vai dirixido a persoas que teñan un manexo do ordenador a nivel de usuario/a.

O obxetivo é sacarlle o máximo partido a través de formación de programas específicos como son Excel, Word,… e do uso de internet para realizar distintos trámites on line, etc.

As prazas son limitadas para garantir a aprendizaxe dos participantes. É gratuíto e levarase a cabo os martes do mes de maio en horario de 20.00 a 21.00 horas na Biblioteca Municipal. Para máis información e para anotarse deben chamar ao 982 558 001.