Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Presentan en Órrea un documental sobre os segadores da zona

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

O local social da Órrea, en Riotorto, acolle este sábado, 15 de abril, a estrea do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Este documental, coa dirección de Laura Alonso e Vanesa G. Lourido, recolle as testemuñas dun gran número de veciños da localidade, que foron entrevistados os últimos meses.

Un total de 30 veciños, un deles unha muller, aportan as súas lembranzas do que califican como “un feito fundamental da historia da nosa parroquia”.

A sesión terá lugar ás 18.00 horas e están invitados a asistir todos os veciños que o desexen.

O documental foi encargado pola Asociació de Veciños de Santa Comba da Órrea.