Skip to main content
O Valadouro

Eduardo Chao é o candidato á Alcaldía do Concello do Valadouro

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG continúa presentando candidatos para as eleccións do 28 de maio. No Valadouro será o actual tenente alcalde Eduardo Chao González a persoa designada pola asemblea local para aspirar á alcaldía. Chao, que levou ao Bng a formar parte do goberno local desde setembro do 2021 é veciño da parroquia de Santa Cruz e traballador na factoria de Alcoa.

Según declaracións do candidato “todo o traballo desenvolvido ata agora escoitando á veciñanza e atendendo as súas demandas vai dando os seus frutos e vai situando ao noso concello como referencia en moitois eidos. Somos conscientes que queda moito por facer e que todos e cada un dos veciños e veciñas  son imprescindibles para esta labor ilusionante que temos por diante e da que queremos que participen para conseguir o mellor para O Valadouro”.

O conxunto da candidatura formada por persoas das diferentes parroquias e da vila e que traballan tamén en diversos colectivos será presentada próximamente nun acto público.