Skip to main content
O Valadouro

José Manuel Lamela encabeza unha candidatura renovada para O Valadouro

Por 23 Abril, 2023Sin comentarios

Un total de 19 persoas compoñen a candidatura coa que o PP de O Valadouro concorre ás eleccións do 28 de maio, e que lidera de novo José Manuel Lamela. Trátase dun equipo de persoas “comprometidas” e con perfís vinculados ás necesidades deste municipio mariñao que, nos últimos anos, “foi máis protagonista polos desencontros protagonizados polo goberno que pola xestión”.

Así de contundente o manifestaba o alcaldable popular, logo de agradecer aos seus compañeiros de lista “o esforzo por dar o paso para traballar e ser a alternativa ao desgoberno e á inestabilidade que tivemos nos últimos tempos”. Deste xeito, Lamela explicou que se trata dunha candidatura que “combina experiencia e renovación” ao incluír sete novas incorporación para reforzar o proxecto popular no municipio.

A lista dada a coñecer este sábado, en palabras do candidato popular, “non só foi deseñada para gañar; senón tamén para gobernar e dar a este concello a estabilidade gobernamental que tanto necesita”. De feito, engade, “creo firmemente que a única opción que representa un proxecto político serio, responsable e que traballe dende o rigor é a nosa formación”. E é que, segundo dixo, “votar ás forzas da esquerda tería como resultado seguir no estancamento e no bloqueo administrativo”.

Lamela facía esta valoración porque “xa vimos que os socialistas están gobernando en minoría, dado que nin eles mesmos se entenden e, incluso, se foron concelleiros”. Para por fin a esta incerteza política e gobernamental na entidade local, é preciso que o 28 de maio os populares acaden a confianza dos veciños; o que permitiría, sinalou, “sacar ao concello desta parálise. Non cabe outra opción”, concluíu.

Lista completa

1. José Manuel Lamela Piñeiro (69 anos, xubilado)

2. Senén Castro Lorenzo (32 anos, enxeñeiro informático)

3. Lorena Díaz Pita (26 anos, mestra de Educación Infantil)

4. Ana Isabel Rubal Balseiro (45 anos, PSX)

5. Juan José García Pedreira (60 anos, xubilado)

6. Edgar Cao López (34 anos, técnico de Farmacia)

7. Rocío Blanco Pliego (43 anos, superior de Administración)

8. Ana María Pita Prieto (49 anos, autónoma agraria)

9. Alfonso Cabanas Fernández (56 anos, albanel)

Suplentes:

1. Ginés Cao Rivera (45 anos, xubilado)

2. Juana Estrella García Parga (48 anos, docente)

3. Justino Fernández Rolle (51 anos, autónomo)

4. Zaira Fernández Vázquez (22 anos, administrativa)

5. Uxía Ínsua Castro (24 anos, recepcionista)

6. Cesáreo Seara Balmayor (74 anos, xubilado)

7. Teresa Galdo García (65 anos, xubilada)

8. Rafael Castro Sifontes (28 anos, albanel)

9. Luis Campo Díaz (54 anos, almacenero)

10. Jaime Fraga Expósito (54 anos, empregado)