Skip to main content
Viveiro

Míriam Bermúdez, do BNG de Viveiro, asegura ir a por todas despois dun acto de presentación ateigado

Por 30 Abril, 2023Sin comentarios

“Alucinante o apoio recibido, ver tanta xente no acto augura uns resultados aplastantes” aseguraba Míriam Bermúdez tras finalizar o acto de presentación organizado polo BNG de Viveiro, quenes aseguran que sacarán adiante o proxecto para modernizar o concello sabendo que sairán elixidos o vindeiro 28M.

O acto contou coa presenza do deputado mariñán, Daniel Castro, quen amosou o compromiso do BNG por unha sanidade pública, pola necesidade dun plan industrial e de comunicar Viveiro co resto do País. Loitas que defendeu no Parlamento Galego, lugar onde o BNG é a segunda forza e subindo de cara a ter a presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións galegas.

“Foron moitos os veciños asistentes, un claro indicador de que se fixeron ben as cousas e de que o noso proxecto encaixa, é o que necesita Viveiro”, en palabras da candidata á alcaldía, Míriam Bermúdez, “no BNG hai constancia e un traballo realizado durante 4 anos.

Míriam Bermúdez presentou un proxecto firme no que ademais da constancia e traballo, destacou iniciativas e proxectos claros para Viveiro con propostas para as parroquias como: mellorar a rede de saneamento, achegar fibra de alta velocidade, dinamizar as antigas escolas, poñer en marcha un Plan de Estradas, sacar adiante un PXOM ben planificado e crear unha Liña de Transporte Público, entre outras.

Míriam tamén salientou a necesidade de humanizar o concello creando espazos para as persoas como peonalizar a Praza de Lugo, retirar o enreixado de Lodeiro a Celeiro habilitando aparcamentos e unha nova zona verde, redactar o 1º Plan de Accesibilidade para Viveiro, introducir os cascos nas zonas REXURBE, mellorar as instalacións infantís ou transformar o Casino nun centro de ocio para a mocidade.

CANDIDATURA:

  • Míriam Bermúdez García
  • Iria Cotelo Cociña
  • Ramón Martínez Castro,
  • Seve Salgueiro Rodríguez
  • Santi López Chao, 51 anos
  • Luís Ramallal Rego,
  • Carmen Mariño Caneiro
  • María Simón Cundíns
  • Alejandro Ferro
  • Borja Eijo García
  • Claudia Rivera Vázquez
  • Xan Fernández
  • Tania Monteagudo Bermúdez
  • Mitas Goás Basanta
  • Iliana Fraga Sánchez
  • Xulia Canoura Diaz
  • Iván Pena Muras
  • Gloria Rouco Llanderrozas
  • María do Mar Chaves Álvarez