Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

O pavillón Torques de Marzán acolle este sábado 8 de abril a IV Arenka Fight Night

Por 6 Abril, 2023Abril 7th, 2023Sin comentarios

O Pavillón Torques de Marzán acolle este sábado 8 de abril un evento dedicado ao kickboxing, a IV Arenka Fight Night.

Esta cita deportiva, que será ás 19.30 horas, reunirá a un gran número de afeccionados deste deporte de contacto, os cales poderán ver en acción a loitadores masculinos e femininos, e tamén unha exhibición dos alumnos de kickboxing das escolas municipais.

As entradas xa están á venda no bar Escairo, ao carón do pavillón, e tamén poderán adquirirse no pavillón o mesmo sábado.