Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

O Concello de Viveiro acolle o VI Congreso Agantro ‘Antropoloxía en Galiza e Asturies Hoxe’

Por 13 Abril, 2023Abril 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolle os próximos días 28 e 29 de abril o VI Congreso Agantro baixo o epígrafe ‘Antropoloxía en Galiza e Asturies Hoxe’.

A cita, que se desenvolverá na sala multiusos da Casa do Concello, está organizada pola Asociación Galega de Antropoloxía e deseñada como un espazo de visibilización do valor desta disciplina, ao tempo que como encontro coa Asociación Asturiana de Antropoloxía e Patrimonio Etnolóxico (ASAPE).

Na primeira sesión do venres 28 celebrarase a asemblea anual, en formato híbrido, mentres que o sábado levarase a cabo, dende as 11:00 horas, un encontro coa ASAPE para compartir experiencias.

Pola tarde, con actividades xa abertas ao público, dende as 16:00 horas será o momento da benvida oficial por parte das presidentas de ambas entidades, Yolanda Cerra e Luzia Oca. Despois continuarase cun espazo de presentación de proxectos de investigación, con tres propostas de cada territorio, ‘6×6 Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe’, que será moderado por Iria Vázquez Silva.

Ás 18.30 horas comezará a conversa ‘(Re)activar saberes: A Antropoloxía fronte aos desafíos dos mundos posibles’, coa participación de Llorián García-Flórez (ASAPE) e Candela Morado (UPM/INCIPIT, Agrocuir), moderada por Iñigo Sáchez Fuarros.

Os interesados en acudir ao Congreso poden obter máis información, así como inscribirse antes do mércores 26 de abril, a través da web www.agrantro.org. Tamén poden resolver as dúbidas no email: agrantro@gmail.com