Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

O 14 de maio disputarase a III Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo en Viveiro

Por 19 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

O 14 de maio disputarase en Viveiro a terceira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes.

A proba consistirá en tiradas de 125 platos e será unha proba puntuable para ascensos Fegato. As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616 933 646- ata o xoves 11 de maio.

Haberá premios económicos para os 4 primeiros clasificados, e despois  premios en material deportivo para os 40 primeiros.

A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.