Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Ourol acolle unha charla sobre mobilización e coidados de persoas dependentes

Por 19 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

O vindeiro día 27 de abril terá lugar ás 16.30 horas, no edificio multiusos do Concello, unha charla sobre mobilización e coidados de persoas dependentes.

Este curso ten como obxectivo dotar de habilidades na realización de mobilizacións, transferencias, cambios posturais e hixiene postural de persoas dependentes.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.

Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude