Skip to main content
O Corgo

O Punto de Atención a Infancia do Corgo abre o prazo de matrícula

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello do Corgo, abre o prazo de reserva e inscricion/matrícula para o vindeiro curso 2023/2024.

Os nenos que estén matriculados no curso actual e que desexen continuar o vindeiro curso terán ata o 14 de abril para reserva a súa praza.

O prazo para as novas solicitudes de admisión serán dende o día 17 de abril ata o 28 de abril ambos inclusive.

A listaxe de admitidos será publicada na páxina web do Concello o 8 de maio.

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán acudir en horario de 09.00 a 15.00 ás oficinas municipais do Concello do Corgo.