Skip to main content
Lugo

Continúan as obras en Gallego Tato para mellorar as contornas escolares

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

Avanzan as obras de peonalización na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla, para continuarán coa renovación das contornas escolares. Rubén Arroxo afirmou que “xa podemos ver o cambio desta rúa, un novo espazo peonil na Piringalla que se converterá nunha das zonas máis destacadas do barrio”

“Este proxecto será o espello no que continuar avanzando na humanización dos centros de ensino, tal e como nos veñen solicitando tanto as directivas como as asociacións de nais e pais dos distintos centros”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “seguiremos traballando para continuar a humanizar e embelecer a cidade creando espazos útiles para a as persoas”.

Con esta actuación crearase unha nova zona de estancia, onde se instalarán bancos, mesas e fontes, xunto con árbores e arbustos, que xerará un ambiente máis saudable e con zonas de sombra no verán. O proxecto de obra define a nova zona como oasis no tecido urbano, dado que propón a implantación de material vexetal como elemento acondicionador da nova zona, co obxectivo de mellorar a calidade ambiental na contorna do colexio.

Arroxo destacou que “este é o centro de ensino que conta con máis estudantes na cidade, e está situado nunha zona na que conflúen centros de ensino, instalacións deportivas e un centro social, polo que se fai necesario contar cun espazo humanizado para o desfrute da veciñanza”, e engadiu “comezamos o mandato realizando actuacións de calmado de tráfico nas contornas dos centros escolares, e agora continuamos coa mellora das zonas escolares cun novo plan de humanización que parte do no colexio Luís Pimentel e que iremos expandindo ao resto de zonas escolares”.

Ademais o Goberno de Lugo vén de instalar sinais nos puntos de partida dos vieiros escolares postos en marcha pola Concellería de Educación. Arroxo valora como “un éxito” a posta en marcha este curso dos vieiros, e destacou “a boa recepción e a implicación demostrada polas familias e polas nenas e nenos con este proxecto”.

Para Rubén Arroxo, o éxito dos vieiros “ás distintas iniciativas postas en marcha polo Goberno de Lugo, como o calmado do tráfico, que contribuíron a crear ambientes máis seguros nas contornas dos centros de ensino”.

Na actualidade, dous centros públicos da cidade, o CEIP Albeiros e o CEIP Rosalía de Castro, participan dos vieiros escolares organizados pola Concellería de Educación, mentres que o colexio Franciscanos conta coa colaboración do Concello de Lugo para a organización dos Vieiros. Nos últimos días, o Goberno de Lugo instalou sinais nos puntos de partida das rutas de cada un dos colexios, marcando o percorrido dos vieiros.

“Con esta iniciativa buscamos crear o hábito de ir a pé ao colexio”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “a posta en marcha dos vieiros escolares implica tamén un cambio nas tendencias da mobilidade, reducíndose o uso do vehículo privado”. Arroxo afirmou que a Concellería de Educación continúa a traballar “para levar os vieiros a máis centros e avanzar na eliminación dos problemas de tráfico nas entradas e saídas dos centros de ensino que actualmente podemos ver en Lugo”.