Skip to main content
Lugo

A asociación cultural Xaquedrum organiza o torneo de xadrez de Semana Santa

Por 3 Abril, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Xaquedru, co apoio do Concello de Lugo continúan co ciclo de promoción do xadrez Xadrez para todas, cun novo torneo escolar e de partidas rápidas.

Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

O Torneo de Xadrez Escolar de Semana Santa terá lugar o vindeiro domingo 15 de abril, a partir das 17:00 no soto da Praza de Abastos.

O torneo estará aberto á participación tanto de xogadores e xogadoras con elo FIDE e sen entrar na clasificación, na modalidade Open. O ritmo de xogo será de 15 minutos. As categorías serán sub8, sub10, sub12 e absoluta.

Toda a información pode atoparse nas redes sociais e na web da asociación cultural Xaquedrum.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.