
Iván Sangiao, do Club Deportivo Biosbardo proclamouse campión galego máster de trail no Campionato Galego de Trail disputado esta fin de semana na Pobra do Caramiñal.
A proba absoluta e máster discorreu sobre un trazado de 26,5 quilómetros e case 1300 metros de desnivel positivo percorrendo os montes da Serra do Barbanza.
Na cola do pelotón saían os dous representantes máster no campionato galego, Eneko Hurtado e Iván Sangiao, unha cámara de chamadas pequena e un primeiro quilómetro con moito atasco provocaron que os deportistas do Biosbardo perdesen moito tempo nos primeiros compases da proba.
A medida que a carreira se foi estirando Iván Sangiao, mantendo o ritmo inicial, remontaba posicións ata colocarse dentro do ‘top 10’ absoluto da proba. Finalmente dende o quilómetro 15, cun ritmo superior remontaba ata a sétima posición coa que cruzaría a liña de meta, sendo campión galego máster.
No seu debut no trazado Eneko Hurtado facíase con unha meritoria undécima praza na categoría máster.