Skip to main content
Lugo

O Claustro da Catedral acolle a exposición ‘Semana Santa, tradición secular’

Por 15 Abril, 2023Sin comentarios

O Claustro da Catedral de Lugo acollerá dende o vindeiro martes, 18 de abril ata o 31 de maio, a exposición Semana Santa, tradición secular dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. “Esta mostra, situada no emblemático claustro da Catedral de Lugo, recolle as vivencias particulares, e tamén as compartidas, desta celebración relixiosa en distintas cidades galegas e portuguesas que forman parte da entidade transfronteiriza”, explicou a alcaldesa, Lara Méndez.

A exposición afonda no significado da Semana Santa, non só como acontecemento relixioso, senón tamén histórico, cultural e social, fortemente arraigado na tradición galaico-portuguesa. Neste senso, a rexedora lembrou que “en Lugo, esta celebración foi declarada hai cinco anos como Festa de Interese Turístico Galego, pola gran acollida e participación coa que conta ano tras ano, atraendo tamén visitantes doutras localidades”.

A mostra poderá visitarse no Claustro da Catedral de luns a sábado de 09.30 a 18.30 horas. Toda a información sobre esta actividade, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.