Skip to main content
Lugo

Os veciños da Milagrosa saen a rúa para pedir a rehabilitación do barrio

Por 17 Abril, 2023Sin comentarios

A plataforma de veciños SOS Milagrosa Lugo Norte acompañada de veciños do barrio saíron onte a rúa para reclamar a rehabilitación dos barrio da zona de Lugo norte co fin de para a degradación que están sufrindo.

Tras unha saída ás 12.00 da igrexa da Milagrosa os veciños chegaron a praza do Concello onde varios membros da asociación se reuniron con Alvarellos, Miguel Fernández e Ana Abelleira.

En palabras de Miguel Fernández “unha xuntanza moi cordial e entendemos que ademais moi positiva, na que os veciños nos trasladaron as súas inquedanzas e se acordou seguir traballando conxuntamente na memoria técnica necesaria para acceder ao programa de rehabilitación da Milagrosa, o barrio Feijoo e zonas limítrofes”.

Ademais “por parte do Concello informóuselles que as iniciativas e acción que se están levando a cabo incluíndo as visitas a domicilio nas que participa a propia alcaldesa, a realización de enquisas e estudos técnicos, as xuntanzas previstas con comerciantes, hostaleiros, centros educativos e poboación en xeral” informou Miguel Fenández.

Para concluír o concelleiro deu conta “da intención do concello de aproveitar estes fondos para poder actuar e humanizar diferentes espazos públicos para o desfrute dos veciños”.