Skip to main content
Lugo

Presentado o libro cos traballos de historia de alumnos do IES Lucus Augusti

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

Lugo acolleu a presentación do libro Nós tamén temos historia, que recolle traballos realizados por alumnado do IES Lucus Augusti e que foi editado coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación.

O libro recompila historias rescatadas por alumnos e alumnas da memoria familiar, ligadas a distintos momentos históricos, a maioría delas referenciadas no golpe de Estado do 36, na Guerra Civil Española e na Ditadura.

A publicación dá continuidade a unha serie editorial que se iniciou o ano pasado, cun volume que recollía 80 entradas -fotografía e historia familiar –. Esta segunda entrega, documenta outras 90 – co mesmo formato -. O proxecto está coordinado polo profesor de Historia Gaspar Méndez.

Maite Ferreiro sinalou “o interese deste tipo de proxectos que reforzan os coñecementos adquiridos nas aulas e que propician que o alumnado reflexione sobre o papel das persoas no devir históricos”.