Skip to main content
Lugo

O sector do metal convoca unha manifestación para este domingo

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, convocan aos traballadores e traballadoras do Metal e do Comercio Metal a unha gran manifestación mañá domingo 23 de abril que sairá dende o edificio sindical ás 12:00 horas.

Deste xeito “cumprimos o mandato das asembleas convocadas ao longo da provincia de Lugo, con gran participación e nas que se analizaron as medidas a tomar pola paralización a finais de febreiro da negociación dos convenios do
Metal e do Comercio Metal de Lugo”.

Unha vez analizada a derradeira oferta da Patronal para os sindicatos as conclusións son claras: “a subida salarial é claramente insuficiente, a revisión anual ao IPC é irrenunciable nun escenario de IPC desbocado ao igual que o pago dos atrasos correspondentes”, din.

“Por outro lado o conseguido nestes 14 meses de negociación, soamente é a regulación do texto do convenio e algunha migalla en canto a dietas, póliza de convenio e plus de dispoñibilidade, non asumindo pola contra ningunha outra reivindicación que levamos á mesa de negociación pola parte social, tal como Plus de traballo a quendas, complemento de IT calculado sobre a base de cotización, permisos para acompañamento de fillos menores e familiares convivintes, etc”, engaden.

Destas asembleas din que sae un mandato claro: aumentar o grao de mobilización ata a folga se é necesario, “para facerlle ver á Patronal que o sector estáse a mover despois de anos de paz social. Estamos dispostos a seguir o camiño de Ourense e Coruña, que tiveron que convocar folgas cun alto seguemento que acadaron avances claros nos seus convenios, se non cambia a actitude da Patronal, pechada en banda na súa derradeira oferta”, engaden.

“Estamos dispostos a sentarnos as veces que fagan falta sempre e cando haxa avances por parte da Patronal, que debe abandoar o seu inmobilismo. Se se cumpren coas dúas liñas claves da negociación, IPC real cada ano e atrasos, haberá convenio. Se non, haberá conflito”, afirman.

Nese contexto se dá a convocatoria desta manifestación, como derradeira oportunidade para que a Patronal recapacite. “Se non hai cambios, convocaremos folga no sector do metal da provincia de Lugo de forma inminente, retrotaendo as reivindicacións ao inicio da negociación dado, que se os traballadores e traballadoras teñen que asumír os custes dun conflicto, o esceario cambia radicalmente”, aseguran.

Polo que, para defender todo isto e denunciar “a falta de respeto da patronal cos seus traballadores/as ante unha situación de incrementos de prezos que non permiten a clase traballadora vivir dignamente”, CCOO, CIG e UGT convocan a manifestación de mañá.