Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso organiza un encontro co sector agrogandeiro

Por 11 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG de Monterroso organizou un encontro xunto co sector agro-gandeiro para amosar as alternativas e propostas onde participaron o candidato do BNG á Alcaldía de Monterroso, Brais Vázquez, e a deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.

Brais Vázquez salientou “desde o BNG temos que poñer en marcha medidas de apoio ao noso rural, é un dos nosos bastións económicos, por isto imos aplicar cinco medidas para fortalecelo: recollida municipal de residuos, bonificación fiscal en diferentes taxas, impulso dun técnico municipal que asesore ás produtoras e produtores, a creación dun banco de terras municipal ou abrir liñas de axuda para dar saída á produción local”

Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou que “o proxecto do BNG para Monterroso recolle varias propostas para impulsar este sector, temos plena confianza no potencial deste concello en canto a actividade agro-gandeira e temos que seguir apostando para que, a partir del, construamos un modelo económico sostíbel e que poña a Monterroso como unha referencia na xestión territorial como da produción alimentaria”