Skip to main content
Portomarín

Portomarín acolle este domino a Festa da augardente

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

Un ano máis volve a festa da augardente de Portomarín tras 51 anos de historia.

A xornada dará comezo ás 11.00 co prendido das alquitaras na praza do Camiño para continuar ás 12.00 coa procesión do Santo Encontro e unha misa da igrexa de San Xoán.

A continuación haberá un pasacalles a cargo da asociación cultural Río Miño para dar comezo ás 12.30 á carreira popular A carón do río.

Ás 13.15 terá lugar a recepción dos novos cabaleiros e damas que infresan na orde e ás 14.15 a cata do mellor augardente de Portomarón para cabaleiros e damas.

O pregón será ás 14.00 da man de Lucía Pérez e xa pola tarde de 17.00 a 18.30 haberá unha actuación da charanga Bicoia.

Para finalizar a xornada a orquestra Escaparate acturaá ás 18.30