Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Catro rutas percorrerán o sur de Lugo esta Semana Santa da man do Xeoparque Montañas do Courel

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

O Xeoparque Montañas do Courel organiza para esta Semana Santa catro rutas guiadas e interpretadas para as persoas que estean interesadas.

Así, terán lugar a partir de mañá, 7 de abril e Venres Santo, e ata o domingo, 9 de abril.

As dúas primeiras terán lugar o venres. Ás 10.00 horas comezará a ruta de Ribas de Sil ata A Cubela, que terá unha distancia de dez quilómetros e durará ao redor de catro horas. Xa pola tarde terá lugar a segunda ruta, que comezará ás 16.00 horas desde o Bar O Mirador de Folgoso do Courel e durante seis quilómetros os participantes farán unha ruta circular por Seceda.

Xa o sábado, 8 de abril, ás 10.00 horas iniciarase unha ruta de catro quilómetros por Quiroga, A Seara e Vieiros, na que os participantes poderán desfrutar de lugares como o Mirador val río Quiroga, a Fervenza Pombar, a Aldea Paleozoica de A Seara e a Fervenza Vieiros.

Por último, o domingo 9 de abril, a ruta será de seis quilómetros por Rogueira Alta e quedarase no Bar Pombo de Seoane para comezar o percorrido, que pasará pola Devesa da Rogueira.

As persoas interesadas en participar destas actividades, deberán apuntarse obrogatoriamente nun formulario web.