Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Tradescola convoca unha nova edición do Certame de debuxo de baile e música tradicional

Por 18 Abril, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Tradescola nunha nova edición do Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional galega, unha actividade que pretende potenciar e difundir a música e cultura tradicional entre as xeracións máis novas, axudando a que as nenas e nenos accedan a ela dun xeito natural, desde os primeiros anos.

A convocatoria, que vai pola décima edición, está dirixida a nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino de toda a provincia, que recibiron nos últimos días as bases e as indicacións necesarias para participar.O prazo para enviar os debuxos remata o 28 de abril.

Os debuxos recibidos exporanse na sede da Tradescola na primeira quincena de maio. O xurado do certame, composto por membros do profesorado da Tradescola, seleccionará 10 debuxos finalistas, que serán premiados cun lote de material didáctico. Ademais, elixirá unha gañadora ou gañador que poderá matricularse de xeito gratuíto na Tradescola no curso 2023/2024.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro valorou a continuidade do certame e amosouse convencida de que iniciativas coma esta crean interese e amor pola música tradicional e poden xenerar novas vocacións musicais.

O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano no eido da formación e da divulgación da música tradicional, co apoia da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.