O vindeiro 7 de maio terá lugar a Feira de Gando en Seaone do Courel.
As persoas interesadas en participar terán que ir vestidas de época, para integrarse da feira.
Na feira haberá postos de artesanía, plantas e sementes, tamén música en directo e postos de polbo.
Ademais do Concello de Folgoso do Courel, colaboran nesta feira o Xeoparque de Montañas do Courel, Acruga, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.