Skip to main content
Folgoso do Courel

A candidatura de Caurel Vivo está formada por un equipo de “xente diversa e loitadora”

Por 29 Abril, 2023Sin comentarios

Caurel Vivo presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións de maio no Concello de Folgoso do Courel, encabezada por óscar Carrete Lage. Segundo explican desde a agrupación política, son “un gran equipo con xente diversa e loitadora, honrada e comprometida coa nosa terra”.

“Desde a nosa candidatura, imos traballar por un Courel con mellores servizos, con máis oportunidades e máis sostible, no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos”, defenden.

Así, sosteñen que contan con “toda esa veciñanza que ve as carencias e a falta de sentido común actual; para facer realidade este proxecto cheo de ilusión e ideas que nos permitan  mellorar e medrar como concello” e sentenzan que traballarán “nunhas medidas concretas para mellorar a vida da veciñanza, aplicándoas a partir de xuño desde o goberno”.

A lista está formada, despois do candidato Óscar Carrete Lage, por Teo Chousa Arza, María Ángeles Pose Vilares, Sonia Vila Visuña, Juan Carlos López López, María PilarVeiga e Javier Campo Vergara.