Skip to main content
A Pobra do Brollón

A terceira idade poderá acudir á actividade de ximnasia de mantemento na Pobra do Brollón

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón organiza unha actividade de ximnasia de mantemento para a terceira idade.

Terá lugar unha clase á semana en horario de tarde e terá un prezo de 30 euros por trimestre.

Esta actividade farase se hai un grupo de 10 persoas como mínimo.

Para máis información e inscricións pódese contactar co número 982 430 447 ou a través das oficinas de Servizos Sociais do Concello polas mañás.