Skip to main content
Láncara

A ponte de Ronfe de Láncara será substituída por unha nova co financiamento da CHMS

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil substituirá a ponte de Ronfe que se sitúa sobre o río Sarria no núcleo de Supena, en Láncara, despois de que o presidente da entidade, Jose Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio, Darío Antonio Piñeiro, alcalde de Láncara, rubricaran o convenio de colaboración.

Así, o investimento para levar a cabo esta obra supera os 750.000 euros, sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.

As obras contemplan a demolición completa da estrutura existente e a construción dunha nova ponte de dous carrís, mantendo a localización para conservar a integración.

A nova infraestrutura mellorará a comunicación de máis de 200 veciños dos núcleos de Ronfe e Pousadela.