Skip to main content
Láncara

A Feira de Degustación da Tenreira Galega de Láncara acollerá a XIV Festa dos Avós

Por 16 Abril, 2023Abril 17th, 2023Sin comentarios

A XXIV edición da Feira de Degustación da Tenreira Galega de Láncara terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de abril e o 1 de maio.

Esta festa de interese turístico de Galicia terá lugar na Pobra de San Xiao e comazará o 28 cunha degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema.

Xa o 29 de abril celebrarase o Campionato de Tute e Parchís e o día 30 os maiores desfrutarán da súa XIV Festa dos Avós.

Por último, o 1 de maio haberá unha feira de exposición de gando vacún e unha subasta de catro xovencas, mentres que as persoas que asistan poderán degustar de novo a Tenreira Galega Suprema e outros produtos locais.