O PSOE de Láncara presenta ás persoas que conforman a lista da candidatura para as vindeiras eleccións

SarriaXa
O PSOE de Láncara presenta ás persoas que conforman a lista da candidatura para as vindeiras eleccións
casa concello láncara
casa concello láncara
22 abr 2023

O PSOE de Láncara presentou a súa lista completa de candidatura ás vindeiras eleccións de maio, que está composta por once persoas nas que, desde a cabeceira do partido, representada por Darío Piñeiro, candidato á reelección como alcalde do municipio; se confía plenamente.

Ademais do primeiro na lista, o actual rexedor, Miguel Fernández é o segundo na lista e José Manuel García o terceiro, mentres que Emilia Fernández será a cuarta.

Pola súa parte, Miguel Rodríguez Abad será o número 5, quen foi o Concelleiro de Cultura e Deportes durante este último mandato e "sempre ten gañas de facer cousas innovadoras para mellorar o noso Concello", defenden desde o goberno local.

En canto ao sexto, Diego Balboa Amado c Concelleiro dende a segunda metade deste mandato, "tempo no que demostrou ter as ideas moi claras e unha gran capacidade de traballo", sosteñen os socialistas.

Alba Sangil de Andrés tamén formará parte da candidatura como número 7 e é recoñecida por ser neta do que fora alcalde de Láncara. O seu obxectivo é mellorar a oferta turística e deportiva do Concello e darlle un pouco de alegría ás redes sociais municipais.

En canto ao número 8, Juan se define por ser "unha persoa xenerosa, leal e traballadora", explican desde o partido, e din del que "coñece á perfección o día a día do noso municipio".

Alba Roda, a número 9 da candidatura, "é unha boa coñecedora do Concello, especialmente da zona de montaña".Ademais, din que é "moi comprometida cos servizos sociais e moi preocupada porque a xente nova se quede no noso Concello".

No posto número 10, Jesús Pardo repite na lista e "ten claro que a nosa candidatura é a que máis se parece aos lancareses". E, por último, Luis Bande é definido polos socialistas como un "home de profundos principios".