Skip to main content
Sarria

Novo enfrontamento entre o alcalde de Sarria e o PSOE provincial de Lugo polas liquidacións de atrasos do IBI

Por 6 Abril, 2023Abril 7th, 2023Sin comentarios

A plataforma de afectados polas liquidacións de atrasos do IBI de Sarria, liderada por Benjamín Escontrela, anunciou que os afectados comezarán a recibir a devolución das liquidacións.

Desde a plataforma explican que, a pesar de ter en contra o Catastro e ao alcalde de Sarria, Claudio Garrido, “co traballo dos organizadores da plataforma e as súas accións de presión”.

Explican que, despois de facer 400 solicitudes de caducidade, o Catastro tivo que declarar a caducidade de oficio de todos os expedientes e Garrido solicitou ao Catastro a declaración de caducidade do procedemento”.

Así, argumentan, unha vez conseguida a caducidade do procedemento, “Benjamín Escontrela levou a cabo as xestións necesarias para que o Servizo de Recaudación da Deputación de Lugo poida iniciar os trámites para realizar as devolucións das liquidacións”

Así, Benjamín Escontrela defende que “aínda que o Concello non solicitou o reintegro das liquidacións, José Tomé tomou a iniciativa “por ser de xustiza que aos veciños e veciñas se lles devolva o que pagaron no seu día polo Imposto de Bens Inmobles da revisión catastral que anulou o TSXG”.

Actuación da Deputación de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu este martes instrucións aos servizos provinciais de Recadación, Tesourería e Intervención para que procedan á devolución de oficio dos cobros do IBI do Concello aos veciños e veciñas de Sarria e a non recadar os que aínda estiveran sen liquidar.

Unha decisión que adopta á vista da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de data do 20 de setembro de 2021, que anula a revisión catastral que se realizou no municipio de Sarria. Un ditame xudicial que afecta a un inmoble e aos que se encontraban na mesma situación.

José Tomé explica que o Concello de Sarria ten cedida a xestión do cobro dos seus impostos nos servizos económicos da Deputación, séndolle ingresado na conta da entidade local o diñeiro recadado, dado que os impostos son os que libremente decide aprobar a Corporación sarriá.

A institución tramitará a devolución de en torno a 6.000 liquidacións por un importe de arredor de 1.200.000 euros.

Opinión do alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido

O alcalde de Sarria cualificou como “politicamente indecente” o “uso partidista da Deputación de Lugo que está a facer o seu presidente, José Tomé, co anuncio da devolución “tan pronto como sexa posible” dos cobros do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

Claudio Garrido considera “incrible e inaudito” que o presidente do organismo provincial aproveite a xornada da convocatoria das eleccións municipais para “tratar de enganar á veciñanza de Sarria cunha burda manobra partidista, froito da desesperación ante a debacle que lles espera o 28M, co obxectivo de tentar impulsar o novo candidato socialista, Benjamín Escontrela, que non queren nin os militantes do partido polo que se presenta”.

“Foi o propio José Tomé, que agora pretende vender como un grande logro as devolucións, quen aprobou esas liquidacións cunha resolución de Presidencia o 31 de maio de 2022”, apuntou o alcalde, antes de resaltar que “o Concello de Sarria nin chegou a ingresar eses cartos nin tiña competencias para devolvelos, ao ter delegada a xestión do imposto na Deputación”.

Ao respecto, salienta que a través dun escrito dirixido desde a Alcaldía á Xerencia Territorial do Catastro o 19 de setembro de 2022 foi como se solicitou a revisión de todas as notificación de liquidacións realizadas ao abeiro do procedemento simplificado de valoración colectiva por estar caducadas.

Un mes despois, concretamente o 21 de outubro de 2022, a Xerencia Territorial do Catastro respondera confirmando a “declaración da caducidade do procedemento simplificado de valoración colectiva”.

Tres meses de retraso na devolución Garrido repróchalle ao presidente da institución provincial que, a pesar de ter asinado un decreto o 15 de decembro de 2022 no que constataba a anulación das liquidacións do IBI de natureza urbana, eses importes cobrados pola Deputación sigan sen devolver aos contribuíntes tres meses despois”.

“Hai tres meses tiña os mesmos argumentos xurídicos e técnicos que hoxe para proceder á devolución, pero todo apunta a que Tomé estivo retrasando a devolución para facela coincidir coa campaña electoral, o que, ademais de ser mesquiño por xogar cos cartos dos contribuíntes, amosa unha preocupante pretensión de interferir desde a Deputación na campaña electoral de Sarria”, asegurou Claudio Garrido.