Skip to main content
Sarria

A poesía, a música e a fotografía xuntaranse nun recital interartístico que se celebrará en La Unión

Por 10 Abril, 2023Sin comentarios

O vindeiro 23 de abril a Asociación Cultural La Unión de Sarria acollerá un recital performativo que terá como base os poemas de Baldo Ramos, que forman parte do libro ‘As aldeas da Memoria’.

No evento xuntaranse varias ramas da arte, grazas á presenza do poeta Baldo Ramos, o fotógrafo Nachok e o músico Mano Panforreteiro, que a través da música, a fotografía e a literatura, farán desfrutar aos participantes dunha iniciativa diferente.

Este recital interartístico terá unha duración de 45 minutos nos que se fundirán o son, a imaxe e a palabra.