Skip to main content
Sarria

‘¡Miña nai querida!’ é a campaña da ACES de Sarria que quere premiar ás mulleres polo Día da Nai

Por 25 Abril, 2023Abril 26th, 2023Sin comentarios

Xa está en marcha a campaña da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU polo Día da Nai, que durará ata o vindeiro 7 de maio.

¡Miña nai querida! é o nome da campaña que levarán a cabo no Centro Comercial Urbano de Sarria coa colaboración da Xunta de Galicia e na que poderán participar todas as persoas que merquen nos establecementos adheridos, dando a oportunidade de premiar unha nai cun regalo especial e diferente.

Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dunha mamá (que pode ser súa nai, ela mesma, unha avoa, unha tía…).

Así, os establecementos onde escoller para mercar os agasallos son de moi diversos sectores que forman parte da Asociación: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallo, colchoerías, decoración, restaurantes…

O mércores 10 de mayo procederase ao sorteo e para coñecer a muller premiada, que gozará dunha estancia de fin de semana para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión.