Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria e a agrupación Ergueitas convocan o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

Por 29 Abril, 2023Sin comentarios

A XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño xa está en marcha e o prazo de recepción de traballos finalizará o vindeiro 12 de xuño para as persoas que queiran participar.

O Concello de Sarria e a agrupación cultural Ergueitas convocan este premio dotado con 6.000 euros e a publicación da obra gañadora por parte da editorial Espiral Maior.

Para as persoas interesadas en participar, as obras presentadas deben estar escritas en lingua galega e contar cunha extensión mínima de 500 versos.

Ademais, deberán enviarse por carta certificada ao Concello de Sarria (Rúa Maior, número 14) por cuadriplicado e co nome do autor ou autora nun sobre pechado.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo recolle que o xurado estará composto por “persoas de recoñecido prestixio non mundo da creación ou a crítica literaria” e o fallo darase a coñecer antes do 30 de decembro.