Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Castro de Rei considera abusiva a taxa dos vados de garaxes e fincas

Por 1 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG en Castro de Rei trasladou no pleno municipal e no debate sobre a nova ordenanza de regulación de entradas exclusivas a fincas e garaxes, coñecidos como vados, a súa desconformidade na taxa fiscal deste servizo municipal.

A contía anual, aprobada pola maioría absoluto do actual goberno municipal do Partido Popular, que partirá como base o custo en 200 €. Este é superior á media estatal, 150€, e a unha boa parte de concellos galegos, no que por exemplo, Allariz ten un custo fixo 18,03€ ou o propia cidade de Lugo que parte desde os 129,96€.

Ante este feito, a concelleira e portavoz municipal do BNG, Digna Lagarón, declarou “o goberno municipal está a impoñer unha taxa cun custo á veciñanza de máis de 200€ de forma inxustificada, a que afecta tanto a particulares nos seus domicilios, como aquelas empresas que teñan este servizo, como poden ser almacéns ou talleres de mecánica, entre outros, polo que o grupo municipal do BNG votou en contra”

Digna Lagarón sinalou que a aprobación desta taxa pódese alegar “animo á veciñanza a alegar, se considera non estar de acordo con esta taxa, xa que pasará a exposición pública para modificar o texto da ordenanza e poder rebaixar a contía”