Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Mostran ao alumnado da USC as oportunidades laborais do polo aeroespacial de Rozas

Por 20 Abril, 2023Abril 21st, 2023Sin comentarios

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou hoxe o Polo Aeroespacial de Galicia e as oportunidades que ofrece para o desenvolvemento profesional ao alumnado deste Máster, que a Xunta vén apoiando desde a súa posta en marcha no curso 2018-2019, nunha ponencia que tivo lugar no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), á que tamén asistiron estudantes do grao de Robótica do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia reforza o seu compromiso co Máster en Sistemas Aéreos Non tripulados da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, consolidando así o seu apoio á formación especializada no eido aeronáutico e aeroespacial co obxectivo de impulsar a competitividade do sector en Galicia a través do talento. Este é, xunto coa tecnoloxía, os mercados e a regulación, un dos piares estratéxicos da planificación do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2026. A iniciativa tense consolidado como un dos principais proxectos transxeracionais da Xunta de Galicia e os seus obxectivos a longo prazo están focalizados no emprego do futuro.

A Xunta continuará investindo para atraer e reter o mellor talento de Galicia cara carreiras técnicas e empregos de calidade e alta cualificación, desde as etapas máis temperás ata a Universidade, pasando pola Formación Profesional.

O Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados é un dos dous másteres oficiais ofertados en España sobre Sistemas Aéreos Non Tripulados e o único que inclúe formación básica de piloto de drons. Proporciona un título de alta especialización para estudantes universitarios e inclúe dúas vertentes: unha centrada na enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados, que lidera a Universidade de Vigo; e outra enfocada nas súas aplicacións, que lidera a Universidade de Santiago de Compostela.