Skip to main content
Cospeito

Convocada unha nova edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa de Muimenta

Por 11 Abril, 2023Abril 12th, 2023Sin comentarios

Vén de convocarse a nova edición do Concurso de Debuxo e Relato-Filloa 2023, no que están invitados a participar os diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, sobre vinte e cinco.

Nesta edición, á XXIII do concurso, os nenos terán que facer os seus traballos sobre A Festa da Filloa. Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.

Espérase contar, como ven sende habitual dende o ano 2010 (data de sinatura do convenio de colaboración), cunha colaboración por parte da Universidade de Santiago de Compostela, que será entregado a un dos dezaseis premiados, premios nos que tamén se espera contar coa colaboración do Concello de Cospeito, da Deputación Provincial de Lugo, da Delegación de Xunta de Galicia e as entidades Abanca, Caixa Bank e Sabadell Gallego, como ven sendo habitual nas últimas edicións.

Igualmente, o vindeiro 28 de abril, a comisión está organizar unha viaxe ao programa Luar para a promoción da XXXII edición da Festa da Filloa de Muimenta. Quen desexe ir de público debe apuntarse na Mercería Teresa de Muimenta.

Lembrar que dende que comenzara a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desinteresadamente, xa non solo os veciños de Muimenta, senón tamén os dos pobos limítrofes, alcanzandos case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar ata a Vila.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (área de Turismo), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.