Skip to main content
Cospeito

Presentan en Madrid a Festa da Filloa, que contará con actividades de caza

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

O vindeiro martes 25 de abril, unha representación da comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa de Muimenta do 2023 (en principio o presidente Daniel Pollán e o coordinador José Manuel Rus Rodríguez), acompañados polo alcalde do Concello de Cospeito, Armando Castosa, acudirán á Casa de Galicia en Madrid, xunto a catro filloeiras, para realizar a presentación desta Festa de Interese Turístico de Galicia en Madrid.

O acto terá lugar a partir das 19:00 horas. No mesmo poderase degustar este típico producto da gastronomía galega, que o pobo de Muimenta lle leva adicando unha festa dende o ano 1992, dez deles como Festa de Interese Turístico de Galicia.

PROGRAMA

Dentro do programa previsto para o 1 de maio, do que se avanzou a actuación de De Vacas, retomaranse as actividades de Agility cos cans, a partir das 17:00 horas, a cargo da empresa Tephira (Virgina 650 825 080), sobresaindo xogos de olfato, detección e mini pistas para os máis novos.

Igualmente, ao longo da xornada do primeiro de maio, haberá cunha serie de actividades, en colaboración co Tecor da Terra Chá e a Federación Galega de Caza. Por unha parte o show cooking, ás 12:00 hora,s co Mestre Cociñeiro, Diego López, onde prepará un menú baseado nos productos da caza e as filloas.

Tamén está previsto actividade de cetraría (horario de 11:30 e 17:00 horas), de cans de raza autóctonas (horario 11:00 e 16:30 horas), tiro con arco e simulador de tiro, estas dúas últimas durante toda a xornada.