Skip to main content
Cospeito

Muimenta acolle un obradoiro de respiración

Por 29 Abril, 2023Sin comentarios

O próximo mércores 3 de maio ás 20.00 a Casa da Cultura de Muimenta acollerá un obradoiro de respiración como eixe da recuperación física organizado pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.

Esta formación está dirixida a todas as idades e ten como obxectivo descubrir exercicios para mellorar a mobilidade do diafragma e mellorar os problemas que poida estar ocasionando, xa que o diafragma é un piar importante no funcionamento do noso organismo.

O curso estará impartido por Patricia Pontón, da clínica Pontón Fisioterapia e terá unha duración de 60 minutos.

As inscricións serán de 7 euros para persoas socias e de 10 euros para non socias e realizaranse na Mercería Teresa ata o 2 de maio.