Skip to main content
Meira

O CEIP de Meira celebra o Día do Libro con varios actos este domingo

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

A anpa do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz de Meira celebra este domingo o Día do Libro cunha serie de actividades que se desenvolverán na casa da cultura local.

Á 16.00 horas está previsto un taller para a elaboración de marcapáxinas, ao que seguirá unha obra de teatro posta en marcha polo grupo creado no centro dentro das actividades extraescolares. Ademais, haberá unha sesión de contacontos coa peza A trastenda dos contos.