Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Enríquez Rodríquez Rodríguez volve a formar parte da candidatura do PP de Pol

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

Enríquez Rodríguez Rodríguez volve a formar parte da candidatura do PP de Pol que encabeza Nicole Grueira como número dous da lista, de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Grueira destaca de Rodríguez, natural da parroquia de Valonga, unha figura que representa experiencia, sabiduría e compromiso, “tres ingredientes clave para levar a cabo o proceso de cambio que Pol necesita”. Rodríguez é enxeñeiro forestal e funcionario de carreira desde o ano 2003 do corpo de enxeñeiros forestales da Xunta de Galicia, polo que “é unha persoa preparada en materia forestal, un sector cruacial no concello de Pol para o seu desenvolvemento económico e para a prevención de incendios”.

Pola súa parte, Rodríguez di: “Únome a este proxecto encabezado por Nicole Grueira, co obxectivo de facer todo o posible para que Pol sexa un concello aberto e transparente, e poder deixar atrás estas politicas cerradas e anticuadas. Para facer que o concello sexa eficaz e eficiente e que resolva todos os problemas dos veciños e satisfaga as súas necesidades por igual. E por iso, poño a miña experiencia e capacidade acumulada de máis de 20 anos, nos cales asumin distintas tarefas de responsabilidade e organización ao servizo de Pol e da súa xente. Todas as mans son necesarias para redirixir o Concello.”