Skip to main content
Vilalba

Vicepresidencia da Deputación colabora coa actividade do Iescha

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova o seu apoio á actividade do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), entidade de referencia no conservación e difusión da cultura galega e, especificamente, da Terra Chá.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e a presidenta do Iescha Marisa Barreiro asinaron un convenio de colaboración que dará soporte económico ás iniciativas que o colectivo ven desenvolvendo de forma periodica, coma a publicación do boletín Pena do Encanto, de carácter bianual, que recolle traballos relacionados coa etnografía, a economía, o idioma, a xeografía ou a sociedade ou a celebración do Día da Cultura Chairega, que se celebran en setembro en homenaxe ao poeta Manuel María.

Ademais, nesta anualidade, o Iescha seguirá impulsando o recoñecemento do avogado, político e escritor chairego Lois Peña Novo, membro das Irmandades da Fala e pioneiro na introdución da lingua galega e dos simbolos de Galiza nas institucións.