Skip to main content
Vilalba

A empresa Ambigal 360 continúa coa recollida de cartón en Vilalba

Por 19 Abril, 2023Abril 21st, 2023Sin comentarios

A empresa Ambigal 360 de Vilalba, que se quemou completamente o pasado xoves sementando a alarma no polígono Sete Pontes, anunciou que mantén activo o programa de recollida de cartón que realizaba porta a porta polas empresas locais.

Segundo os responsables do servizo, non haberá cambias e seguirase o protocolo habitual. Por outra banda, o incendio está extinguido aínda que se manteñen alerta por si se produce algún cambio e mantívose o arrefriamento da zona.

Por outra banda, reabriuse o tráfico na rúa do Acivro e comezou a estudarse as posibles causas do incendio, que mantiveron en alerta a bombeiros desprazados dende Barreiros, Lugo, Sarria e Eume, ademais dos de Vilalba xunto a un helicóptero. Durante a noite tamén se incorporou un equipo de Monforte despois de facelo os membros do GES de Monterrroso e Friol-Palas. Por outra banda, o Grupo de Apoio Loxístico de Intervención do 112 enviou un semirremolque con iluminación.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) co obxectivo de coordinar todos os dispositivos mobilizados.

Finalmente, o incendio non se estendeu ás naves colidantes nen houbo que lamentar vítimas persoais.

Ambigal 360 é unha empresa que ten un fin medioambiental e social, xa que é un Centro Especial de Empleo homologado por la Consellería de Trabajo de la Xunta de Galicia co obxectivo de abrir o mercado laboral ás persoas con distintos graos de discapacidade.