Skip to main content
Vilalba

O sábado 29 haberá un novo campionato de tute en Árbol

Por 25 Abril, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza este sábado, 29 de abril o XII Campionato de Tute. A inscrición é de balde para os socios, e 10 euros para o resto das persoas.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e ademais ao rematar tamén poderán desfrutar de pinchos gratis.

Para inscribirse hai que chamar ao 658 895 632 ou 610 862 270.