Skip to main content
Vilalba

O Iescha presenta catro libros da súa colección este venres

Por 30 Abril, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 5 de maio o Instituto de Estudos Chairegos presentará catro libros da súa colección Biblioteca Chairega que escolman moitos dos artigos publicados na web avozdevilalba.gal polos tres autores da mesma e por unha trintena de colaboradores ao longo dos seus quince anos de vida que agora, en 2023, rematan, precisamente cando se cumpren corenta anos do nacemento do xornal A Voz de Vilalba en papel.

Os libros son:

  • Baixo a Pravia
    Autor: Paulo Naseiro
    Limiar: María Xosé Lamas
    Ilustración portada: Baldo Ramos
    Nº da colección: 31
  • Como rematar cos libros dunha vez por todas
    Autor: Mario Paz González
    Limiar: Helena Villar Janeiro
    Ilustración portada: Baldo Ramos
    Nº da colección: 32
  • Pílulas de vendimario
    Autor: Moncho Paz
    Abecedario: Pilar Maseda e Iria F. Crespo
    Obituario: Miguel Barrera
    Ilustración portada: Baldo Ramos
    Nº da colección: 33
  • Outras voces
    Autor: Autores varios
    Limiar: Marisa Barreiro
    Ilustración portada: Baldo Ramos
    Nº da colección: 34

O acto contará coa intervención de Baruk Domínguez e Marisa Barreiros e terá lugar na casa da cultura de Vilalba, o venres 5 de maio de 2023, ás 20:00 horas.