Skip to main content
Xermade

Xermade celebra o Día do Libro este xoves cun contacontos

Por 18 Abril, 2023Sin comentarios

A biblioteca de Xermade acolle este xoves, 20 de abril, un acto para celebrar o Día do Libro.

Consistirá nunha sesión de contacontos de Xela, a superheroína de aldea, a cargo deo Inma Soto, autora do libro con ilustracións de Clara Cerviño, nunha aventura que promove a toma de conciencia e posta en valor dos nosos recursos naturais.

A sesión terá lugar ás 17.30 horas e na sesión sortearanse 4 exemplares do libro entre os asistentes.