Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

A Feira das Maulas de Viveiro inclúe o mercado e a carreira de cabalos

Por 7 Maio, 2023Maio 8th, 2023Sin comentarios

A Feira das Maulas de Viveiro celebrarase o vindeiro domingo 14 de maio en Galdo. A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.

“Para o Concello de Viveiro é un motivo de orgullo poder continuar organizando unha feira de tanta tradición e con tanta historia como esta Feira das Maulas. Dende o seu nacemento en 1721 foron moitos os veciños e veciñas de Galdo que puxeron o seu graniño de area para que chegase ata hoxe, así que como rexedora non me podo sentir máis feliz de poder manter este legado”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

A programación deste ano comezará as 10:00 horas co mercado popular e a feira do gando, para continuar ás 11:00 coas Carreiras de Cabalos que inclúen probas federadas de Serrada e Chapeada supervisadas pola Federación Galega de Hípica.

A partir das 14:00 horas a sesión vermú será amenizada polo trío Folixa, antes de que as 16:00 continúen as carreiras coa disputa da segunda manga e a entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

A Feira das Maulas do domingo 14 de maio rematará, como é tradicional, cunha gran verbena.