Skip to main content
Foz

A Rapadoira acollerá por primeira vez a EDP Surf for tomorrow

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

Este martes 16 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar, por primeira vez en Galicia, EDP Surf for tomorrow, unha actividade deportiva cuxo obxectivo é ofrecer o surf como ferramenta lúdica e integradora e fomentar o deporte e a vida saudable.

A primeira edición desta iniciativa en Galicia celebrarase en Foz, na praia da Rapadoira, e contará coa participación de Sensación Surf, cuxos monitores serán os encargados de realizar as actividades de surf así como os talleres de ioga para os participantes. A esta xornada asistirán 20 persoas con discapacidades intelectual pertencentes á Asociación Aspnais, de Lugo.