Skip to main content
Viveiro

María Loureiro, candidata do PSOE á Alcaldía de Viveiro, anuncia unha campaña en positivo “para falar de futuro”

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

María Loureiro García, candidata socialista á reelección como alcaldesa de Viveiro, presentou o slogan de campaña do seu equipo, ‘O mellor para Viveiro’, e anuncia unha campaña en positivo “para falar de futuro”.

“Creo con honestidade que representamos a máis seria proposta de goberno para Viveiro”, explica Loureiro, que garante “continuar a traballar cada día para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”.

“Nestas próximas dúas semanas toca falar de futuro e temos xa proxectos moi encamiñados para desenvolver ata 2027”, engade a alcaldesa e candidata socialista.

En palabras de María Loureiro, “preséntome coa máxima responsabilidade, consciente de que o traballo feito nunca é suficiente e con moita ilusión, cunha candidatura que representa a todo Viveiro”.

“O novo PXOM está pendente da aprobación definitiva, as políticas sociais son unha prioridade, Viveiro é a gran referencia turística da Mariña e atendemos as necesidades de todas as parroquias, pero queda moito por facer e temos clara a folla de ruta a seguir”, remata Loureiro.

Os socialistas de Viveiro celebrarán desde o venres numerosos actos, con reunións sectorais, accións de porta a porta, mitins nas parroquias e outro tipo de actividades.