Skip to main content
Viveiro

Mariña Gueimunde, do PP de Viveiro, comprométese “a propoñer obras de mellora” no CEIP Santa Rita de Galdo

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

A candidata do PP á Alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde, ofreceuse a mediar entre a ANPA do CEIP Santa Rita, de Galdo, e a xefatura territorial de Educación para tratar de solventar a situación que deu lugar a convocatoria dunha protesta polo estado dalgunhas instalacións do centro.

Gueimunde sinala: “Reuninme onte ca ANPA para interesarme polo problema e ofrecinme para mediar coa xefatura territorial. Hoxe, luns, un técnico realizará a valoración e pedirá orzamento para realizar os traballos máis urxentes”.

Gueimunde comprometeuse “a propoñer obras de mellora á xefatura territorial, que realizaría o proxecto neste mesmo ano”.