Skip to main content
Viveiro

O PSOE de Viveiro impulsará medidas e axudas de dinamización “como fixemos na pandemia”

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

“O sector servizos é fundamental para a economía local de Viveiro”, dixo a candidata socialista á reelección como alcaldesa, María Loureiro, asegura que “seguiremos moi preto do comercio e a hostalería, apoiando as súas actividades”.

Loureiro lembra “as medidas postas en marcha durante a pandemia desde o concello, con varios plans de axudas directas, a suspensión da taxa de terrazas e convenios de colaboración co comercio e a hostalería, sectores prioritarios para o noso equipo de goberno”.

“Dentro das nosas competencias, estivemos preto dos autónomos e das pemes, nun sector moi perxudicado pola pandemia”, lembra.

Nesta liña, os socialistas inclúen no seu programa “artellar sinerxias para a mellora económica dos negocios locais, promovendo rutas gastronómicas, prácticas de turismo activo, turismo slow ou rutas de moda e do comercio para tratar de rachar coa estacionalidade, convertindo o Concello de Viveiro nunha alternativa atractiva e de calidade cunha oferta durante todo o ano”.

“Continuaremos apoiando dende o concello ás asociacións empresariais e do comercio, con iniciativas como unha sinalización novedosa para todos os establecementos comerciais nas entradas de Viveiro, e tamén nos propios establecimientos”, engade Loureiro.