Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

O vindeiro sábado 13 de maio terá lugar o Festival da Terceira Idade do Valadouro

Por 2 Maio, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 13 de maio terá lugar o Festival da Terceira Idade do Concello do Valadouro, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, e poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais antes do día 8 de maio en horario de 9.30 a 14.00 horas ou no teléfono 982 574 000.

Esta cita será Pavillón Polideportivo Municipal O Valadouro e haberá unha recepción e aperitivo amenizados polos acordeonistas da Mariña. Tamén contarán con xantar, sorteos e baile amenizado polo Montreal.