Skip to main content
O Corgo

O Corgo acolle o II Campionato galego de billar feminino

Os próximos 13 e 14 de maio o Corgo acolle a celebración do II Campioato galego feminino de billar que dará comezo ás 10.00

A sede do campionato será o Club de Billar Adai e haberá dúas modalidades, Bola 9 e Bola 10 con saque alterno.

Os clubs serán os encargados de inscribir as súas xogadoras e é imprescindible que cada club mande un correo electrónico aos 2 enderezos seguintes (fegabi@fegabi.es e clubdebillaradai@gmail.com) coa lista de xogadoras inscritas e o xustificante da transferencia bancaria.

A inscrición está aberta ata o martes 9 de maio ás 12.00 do mediodía.

Repartiranse en premios o 100% das inscricións e para o Campioato Galego Feminino de Bola-9:

  • 1ª Título oficial e homologado pola FGB de Campioa Galega B9 22/23 + Trofeo + Praza Campioato España Feminino B9 + 50%
  • 2ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B9 + 25%
  • 3ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B9 + 12,5%
  • 4ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B9 + 12,5%

Campioato Galego Feminino de Bola-10:

  • 1ª Título oficial e homologado pola FGB de Campioa Galega B10 22/23 + Trofeo + Praza Campioato España Feminino B10 + 50%
  • 2ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B10 + 25%
  • 3ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B10 + 12,5%
  • 4ª Trofeo + Praza Campioato España Feminino B10 + 12,5%